O Club
Historia do Club
HISTORIA DO CLUBE
Corría o mes de maio de mil novecentos oitenta e cinco, cando un grupo de persoas formado por D. Evaristo C. Santos Torrado (Ito), D. Andrés Silva Rodríguez, D. Andrés Mosquera Fajardo, D. José Ordóñez Sánchez (Sesito) e D. Joaquín Riveiro Dieste (Quinsito), se xuntaron para viaxar a Santiago de Compostela, e ante un Notario manifestan a súa intención de crear un equipo de fútbol, ó cal van a denominar ABANQUEIRO SOCIEDADE DEPORTIVA. Esta foi a primeira pedra para a construcción dun club que ó longo de 19 anos foi medrando deportivamente, e esperamos que siga moitos máis.
Aínda que non figura neste grupo, sabemos que outro gran impulsor desta idea foi o antigo sacerdote da nosa parroquia D. Francisco Pena Calvar (Don Paco) que logo entrou a formar parte da primeira Directiva do Clube como Secretario, sendo Presidente D. Andrés Silva Rodríguez.
En Setembro deste ano comenza a tempada de liga de 2ª Rexional 1985/1986 na cal debuta o Abanqueiro S.D. en partido oficial enfrentándose co xa desaparecido Laíño, cun resulado de empate a uns (gol marcado por Quinsito).Esta primeira tempada o Abanqueiro S.D. disputa os seus partidos como local no Campo de Fútbol de Valiño-Cabo de Cruz, amablemente prestado por parte do Clube da parroquia de O Castro ó non dispoñermos de Campo de Fútbol propio.
As equipacións cas que xogou o Abanqueiro S.D. nesta tempada foron donadas por Motonáutica Daniel Ríos, as cales eran: a primeira equipación de camiseta, pantalón e medias blancas, e a segunda de camiseta, pantalón e medias vermellas.
A tempada 1986/1987 comeza cun partido moi especial , pois o día 19 de Outubro de 1986 inaugúrase o Campo de Fútbol "A Charca".
Nesta tempada a equipación foi donada por Talleres Togar coa novidade de combinar as cores das anteriores equipacións, e dicir camiseta arlequinada cas cores blanco e vermello, pantalón vermello e medias vermellas.
Antes de comenza-la tempada prodúcese un cambio na Directiva, o anterior presidente abandoa o seu cargo e sae elixido como novo Presidente Emilio Sánchez Vilas (Melín), que vai estar ó fronte do Clube durante 7 anos (tempadas 86/87; 87/88; 88/89; 89/90; 90/91; 91/92 e 92/93),.
A partir da tempada 87/88 as equipacións son donadas por Nino Pieri, sendo a primeira equipación con camiseta, pantalón e medias blancas; e a segunda con camiseta verde, pantalón blanco e medias blancas.
Durante estes anos creouse un equipo de Xuveniles do cal sairon algúns xogadores para o equipo de Aficionados. Esta categoría foi equipada por Restaurante Chicolino, sendo a primeira equipación de camiseta, pantalón e medias blancas e a segunda con camiseta vermella, pantalón vermello e medias blancas.
O maior logro acadado durante estes anos foi a obtención dun 2º posto na tempada 90/91, que por aquel entonces non daba dereito a ascenso nin promoción, xa que isto quedaba para o 1º Clasificado, que ese ano foi o S.H.Palmeira que ascendeu a 1ª Rexional.
A nota triste, deportivamente falando, produciuse co descenso a 3ª Rexional na tempada 92/93, debido a unha restructuración das distintas categorías por parte da Federación de Santiago.
En Xullo de 1993 o Clube está a piques de desaparecer debido á dimisión irrevocable do Presidente, non habendo ningún socio voluntario a facerse coas rendas do Clube. A última hora colle a presidencia o actual Presidente D. José Blanco López, formando unha Directiva prácticamente nova. Desta primeira nova Directiva, hoxe en día seguen D. José Blanco López (Cocó) como Presidente; D. Manuel Lorenzo Seoane, como Vicepresidente; D. José M. Vilas Silva, como Secretario; D. José M. Blanco Romero, como Delegado de categorías de fútbol base; D. Antonio Fernández Tarela, como Vocal e D. Manuel Fernández Tarela, como Delegado do equipo de Aficionados. O longo destas 11 campañas foronse incorporando outros novos directivos dos cales forman parte na actualidade D. Luis J. Domínguez García, como Tesoreiro; D. Juan N. Suárez Lijó, como Vocal; D. Javier Dieste Lojo, como Delegado de categorías de fútbol base; D. José Ramón Pardeiro Geada, como Vocal, Dna. Mª Carmen Silva Rodríguez, como Vocal; D. Manuel Tubío Otero, como Delegado de categorías de fútbol base l e D. José Antonio Sánchez Torrado, como Delegado de categorías de fútbol base.
Durante estes 11 anos o Clube foi medrando en Categorías deportivas, contando hoxe en día con todalas categorías posibles: Aficionados (a partir de 18 anos), Xuveniles (de 16 a 18 anos), Cadetes (de 14 e 15 anos), Infantiles (de 12 e 13 anos), Alevíns (de 10 e 11 anos), Benxamíns (de 8 e 9 anos) e Pre-Benxamíns (de 6 e 7 anos) formadas por preto de 175 rapaces, sendo o segundo equipo do Concello de Boiro en número de equipos e rapaces, despois do C.D.Boiro.
Os logros máis importantes conqueridos nestas once campañas foi o ascenso acadado polo equipo de Aficionados a 2ª Rexional na tempada 98/99 e o título de Sub-Campións da Copa do Sar de categoría Cadete na tempada 02/03, onde se perdeu a final co S.D.Ordes no Campo de Fútbol de Santa Isabel en Santiago de Compostela.
A nota negativa foi o descenso a 3ª Rexional do equipo de Aficionados ó final da tempada 99/00.
As equipacións das distintas categorías para a tempada 2007/2008 son as seguintes:
Equipo de Aficionados:
1ª Equipación donada por Río Blanco: camiseta, pantalón e medias blancas
2ª Equipación donada por Río Blanco: camiseta vermella, pantalón vermello e medias blancas.
Equipo de Juveniles:
1ª Equipación donada por Río Blanco: camiseta, pantalón e medias blancas
2ª Equipación donada por Río Blanco: camiseta azul, pantalón azul e medias blancas.
Equipo de Cadetes:
1ª Equipación, donada por Prisa: camiseta, pantalón e medias blancas.
2ª Equipación, donada por Río Blanco: camiseta azul, pantalón blanco e medias blancas.
Equipo de Infantiles:
1ª Equipación, donada por Restaurante Chicolino: camiseta, pantalón e medias blancas.
2ª Equipación, donada por Hormigones Taboadela : camiseta verde, pantalón blanco e medias verdes.
Equipo de Alevíns A:
1ª Equipación, donada por Talleres Luis Piñeiro: camiseta, pantalón e medias blancas.
2ª Equipación, donada por Talleres Luis Piñeiro: camiseta, pantalón azules e medias blancas.
Equipo de Alevíns B:
1ª Equipación, donada por Construcciones Oñial: camiseta, pantalón e medias blancas.
2ª Equipación, donada por Construcciones Oñial : camiseta, pantalón azules e medias blancas.
Equipo de Alevíns C:
1ª Equipación, donada por ???????????????????l: camiseta, pantalón e medias blancas.
2ª Equipación, donada por Construcciones Oñial : camiseta, pantalón azules e medias blancas.
Equipo de Benxamíns A:
1ª Equipación, donada por Lavandería La Camelia: camiseta, pantalón e medias blancas.
2ª Equipación, donada por Bar Os Fornos: camiseta amarilla, pantalón azul e medias amarillas.
Equipo de Benxamíns B:
1ª Equipación, donada por Bar Os Fornos: camiseta morada, pantalón blanco e medias blancas.
2ª Equipación, donada por Etiel: camiseta azul, pantalón e medias blancas.
Equipo de Pre-Benxamíns A:
Equipación, donada por Construcciones NOSA: camiseta, pantalón e medias blancas.
Equipo de Pre-Benxamíns B:
Equipación, donada por Cafetería Rías Baixas: camiseta azul celeste, pantalón azul marino e medias azul celeste.
Equipo de Pre-Benxamíns C:
Equipación, donada por Deportes Brincos: camiseta azul celeste, pantalón azul marino e medias azul celeste.
O Clube Abanqueiro Sociedade Deportiva quere aproveitar estas sección para agradecer a todas aquelas persoas, casas comerciais, institucións, socios e Directiva que colaboran desinteresadamente co Clube da parroquia de San Cristobal de Abanqueiro e o mesmo tempo pedirlles que non deixen de facelo, polo ben das xeracións máis xoves, para que disfruten dunha vida chea de saúde.
Actualizado ( Miércoles, 11 de Agosto de 2010 13:55 )
O Club

